Anualmente dende a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, preténdese acercar ós estudantes da Escola Universitaria de Turismo este territorio recoñecido mundialmente pola UNESCO dende o ano 2013.
O venres día 22 de abril celebrarase esta xornada no Concello de Betanzos a partir das 10 horas.
Ó longo desta Xornada temática farase fincapé en:
Dar a coñecer novas experiencias e iniciativas emprendedoras que se están a poñer en marcha no territorio da Reserva no eido do turismo.
Coñecer o Museo das Mariñas, percorrer parte do Camiño Inglés, visitar a xoia do Casco Histórico de Betanzos e observar a enorme potencialidade patrimonial, natural e turística que presenta este territorio.
Servir de espazo de diálogo entre os principais axentes ligados á potenciación do turismo na zona e os alumnos e profesores da Escola Universitaria de Turismo da Universidade da Coruña.
Identificar necesidades e aportar ideas ao próximo Programa Leader 2014- 2020.
Os obxectivos desta Xornada son os seguintes:
Máis información no seguinte Programa:PROGRAMA