A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, en colaboración coa Consellería de Medio Rural, organiza a Xornada “POSIBILIDADES DE VENDA DE OVOS PROCEDENTES DE EXPLOTACIÓNS AVÍCOLAS ARTESANAIS”, que se desenvolverá o vindeiro 22 de Novembro.
Contidos do curso:
- As explotacións avícolas artesanais.
- Posibilidades de comercialización de ovos baixo o amparo do Decreto 125/2014, de 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa dos produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final.
- Instalación de pequenos centros de embalaxe de ovos procedentes de explotacións avícolas artesanais.
- Ilustración de caso real de envasado e comercialización de ovos dunha explotación avícola artesanal.
Imparte:
- Diego Rois Losada, Director técnico de AVIMÓS
Persoas destinatarias:
- Agricultores/as en activo.
- Persoas responsables e traballadores de empresas agroalimentarias.
- Persoas con solicitude de incorporación á actividade agraria.
- Persoas en idade laboral e menores de 60 anos con expectativas de incorporación ao sector primario.
- Outras persoas interesadas.
Horario:
De 10.00 a 14.00 horas.
Lugar de realización:
Espazo de Coworking de Souto – Paderne. Souto, s/n. 15319 Paderne (A Coruña) – https://goo.gl/maps/6BXYnBtz3a2tPFzy7
Inscrición:
As solicitudes deberán ser presentadas pola persoa interesada en participar no curso, preferentemente na Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, empregando o seguinte formulario:
https://mediorural.xunta.gal/sites/default/files/temas/formacion/formacion-continua/formacion-2021/Formulario%20solicitude%20de%20asistentes%20(word)%20(2).docx
As solicitudes enviaranse ao correo: diego.miranda@marinasbetanzos.gal
cartel curso venta ovos Formulario inscricion xornada (2)
cartel curso venta ovos