O Grupo Naturalista Hábitat, coa colaboración da Reserva de Biosfera, organiza un ano máis a III xornada da iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, que neste 2016 centra a súa atención na Vacaloura (Lucanus cervus).
O obxectivo desta iniciativa é o de achegar o coñecemento desta especie, así como ampliar a información sobre a súa distribución na nosa comunidade, e en especial no territorio da Reserva de Biosfera.
Deste xeito, o vindeiro sábado 10 de setembro en horario de 10 a 14 horas, na Aula da Natureza Juan Lembeye, Culleredo, terá lugar a Xornada sobre a Vacaloura, onde se poderá coñecer en profundidade esta especie, o conxunto da orde dos Coleópteros, a súa relevancia no noso medio natural e a importancia da súa investigación.
A participación é gratuíta, sendo imprescindible a inscrición previa para a reserva de praza a través da páxina web de Hábitat.
Máis información no 981 135 014, en inscricion@gnhabitat.org ou na páxina web