Celebramos unha nova xornada no Edificio Liceo de Betanzos, o próximo 18 de decembro de 2014, sobre “VITICULTURA, EMPRENDEMENTO E PAISAXE”.
Dirixida a viticultores do territorio, alumnos do Programa Integrado Biosfera-Emprega e ao público en xeral.
Nesta xornada está prevista a intervención das seis adegas de “Viño da Terra de Betanzos” que aparte de presentar a súa adega, falarán sobre a Ruta das Adegas; ideas de futuro das adegas (promoción, feiras, publicidade…); tamén se falará da necesidade de por en valor aquelas viñas no territorio que se están abandonando (xubilacións, etc) para valorar a posibilidade de que esas parcelas poidan incorporarse á Bolsa de Terra da Reserva.
Contaremos coa presenza da Directora da Escola Galega da Paisaxe, Isabel Aguirre e Alfredo Erias Director do Museo das Mariñas que nos contarán datos moi interesantes sobre a Paisaxe Vitícola na Comarca de Betanzos, e tamén participará o arquitecto paisaxista Idelfonso García, entre outros, como representantes da Oficina Agraria Comarcal de Betanzos, do Laborate da USC; de Mariñas – Betanzos, da Asociación de Turismo Sostible de A Coruña, do CFEA de Guísamo……
Confirmación asistencia no 981 669 541 (Miguel / Isabel) e/ou a través do correo electrónico info@marinasbetanzos.gal a poder ser por organización da xornada antes do 15 de decembro de 2014.
Descarga a programación completa no seguinte enlace: PROGRAMA