A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, O Grupo Naturalista Habitat e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL), organizan as “Xornadas de biodiversidade en espazos agrogandeiros na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” prevista para o vindeiro luns día 26 de outubro, en horario de 9.30 a 17.30 horas.
A xornada está especialmente dirixida a traballadores, técnicos, profesionais e estudosos nos eidos agropecuario e medioambiental. A asistencia é de balde, sendo imprescindible a inscrición previa (enviar correo electrónico cos datos a info@marinasbetanzos.gal e/ou chamar ao 981 669 541)
O obxectivo desta xornada é establecer un punto de encontro para a conversa sobre a importancia do uso e xestión dos contornos agrogandeiros e a súa relación coa diversidade biolóxica. Diferentes expertos ofrecerán sendos relatorios (ver “programa”), rematando a xornada cunha mesa redonda de debate na que participarán diferentes personalidades dos sectores implicados.