O Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos continúa coa labor de difusión e promoción da elaboración da Candidatura para a Medida Leader 2014-2020, cunha programación de reunións informativas en cada un dos quince concellos que integran a asociación a efectos da Medida LEADER (Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Coirós, Curtis, Culleredo, Irixoa, Oleiros, Oza Cesuras, Paderne e Sada).
Rematadas as xuntanzas coas Mesas Sectoriais do GDR Mariñas Betanzos, onde participaron os axentes sociais máis representativos do territorio, onde se recolleron propostas para o documento DAFO e a Estratexia, comézase agora unha rolda de xornadas divulgativas municipais para difundir a Candidatura LEADER 2014-2020, a presentar en AGADER antes do 2 de xullo de 2016, e seguir recollendo propostas e suxestións para incorporar ou modificar no documento.
Estas xuntanzas, que comezarán mañá en Aranga, están abertas a calquera persoa con inquedanzas empresarias, asociacións relacionadas coa economía social ou de mulleres, veciñais, xuvenís, culturais, recreativas, medio-ambientais, forestal, agro-gandeiras…etc, e a todo o público en xeral que teña interese sobre o contido e alcance da Medida Leader no noso territorio.
DATAS REUNIÓNS