ECOTURISMO

Accede a la web de ecoturismo

En xaneiro do ano 2020, a Reserva de Biosfera“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”constituíuse como o primeiro Destino de Galiciacertificado de Ecoturismo,a través do Club de Ecoturismo Estatal.

O Club Ecoturismo en España é unha iniciativa pioneira que ofrece experiencias de ecoturismo en espazos naturais protexidos, garantindo ao viaxeiro a súa contribución ao desenvolvemento local e á conservación da biodiversidade dos espazos que visita e dos servizos turísticos que goza.

O Club Ecoturismo en España está xestionado pola Asociación de Ecoturismo en España e o seu obxectivo é promocionar os destinos, empresas e experiencias de auténtico ecoturismo, e apoiar a súa comercialización a nivel nacional e internacional; así como tamén prestar apoio técnico, acompañamento e formación ás entidades adheridas ao club.

As empresas de restauración adheridas á Marca da Reserva de Biosfera terán acceso directo a optar pola súa integración no Club de Ecoturismo de España, tras a integración da Reserva como destino de ecoturismo estatal que á súa vez lles permitirá solicitar o distintivo de calidade da marca “Reservas de la Biosfera Españolas”.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” solicitou no ano 2019 a súa adhesión ao Club de Ecoturismo de España. En xaneiro de 2020, certificouse no marco de FITUR a adhesión da Reserva de Biosfera ó Club de Ecoturismo Estatal.

Ir á web 'Soy EcoTurista'

Dentro da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” existe unha rede de centros de interpretación do noso Territorio. Consulta aquí máis información:

Folleto aula de la naturaleza de Crendes-AbegondoFolleto aula de la naturaleza molino Viejo-ArteijoFolleto aula del Mar-OleirosFolleto centro etnográfico de TeixeiroFolleto centro interpretación chelo-coirósFolleto Enil Brañas de Sada




Que máis facemos?