ECOTURISMO

Accede a la web de ecoturismo

Destino SICTED

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo conseguiu a adhesión do noso territorio como Destino de Calidade Turística SICETD, no marco de FITUR 2020.

O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino -SICTED- é unha iniciativa da Secretaría de Estado de Turismo, co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con empresas e servizos turísticos de diversos oficios, co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista, así como promocionar a aplicación dos estándares de calidade entre todos os oficios participantes, recoñecendo o esforzo e as melloras a través dos distintivos de Compromiso de Calidade Turística.

Para a obtención destes distintivos, os oficios participantes deben de recibir unha formación baseada na metodoloxía SICTED, deseñada para as empresas e servizos públicos turísticos do destino, que contribúe, a través dun Manual de Boas Prácticas (estándares), a mellorar os niveis de servizo dos establecementos participantes e do destino en xeral.

Desde a Reserva de Biosfera estase a realizar a formación baseada na metodoloxía SICTED a aqueles establecementos de restauración do territorio interesados, coa finalidade de que cumpran os criterios establecidos nos Pregos de Condicións de restauración para poder adherirse á Marca de Calidade “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Na rede de establecementos adheridos estase a potenciar o consumo de produtos do territorio da Reserva de Biosfera.

No ano 2019, comezouse a implantar este sistema de calidade turística no sector da Restauración, logrando certificar a un primeiro grupo de dezaseis Restaurantes.

No ano 2020, abrirase a formación, asistencias técnicas, talleres, plans de mellora e correspondentes avaliacións a outros sectores, como por exemplo, os aloxamentos (campamentos, casas de turismo rural e hoteis), un segundo grupo de restaurantes, así como empresas agroalimentarias do territorio xa certificadas coa Marca da Reserva de Biosfera.

Paralelamente, irase avanzando na confección dunha formación futura dirixida a empresas que ofrecen outros servizos turísticos no territorio, así como a guías, indispensables na tarefa de interpretar o Destino.

CREACIÓN DA MESA DE CALIDADE DO DESTINO

Para conseguir un destino participativo, constituímos no ano 2019 a Mesa de Calidade do Destino Turístico, a cal pretende ser unha mesa de bo goberno entre axentes do territorio que están a traballar a prol do turismo, e para a que se pretende que sexa un auténtico foro de debate, e na que se fomente a colaboración público- privada, a cal se considera imprescindible.

As principais funcións da Mesa de Calidade do Destino Turístico son:

Valorar a xestión do proxecto no destino.
Establecer obxectivos a curto- medio prazo.
Valorar e aprobar propostas de mellora do destino.
Elaborar a proposta sobre a concesión, renovación ou retirada dos distintivos das empresas e servizos públicos.
Actuar como Comité Local do Club de Produto Turístico “Reservas de Biosfera Españolas” (órgano consultivo da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, constituído por técnicos, expertos e representantes do sector e do territorio, cuxa finalidade principal será a de prestar funcións de apoio e asesoramento técnico, os cales contribúan a implantar mediante a metodoloxía do SICTED, os obxectivos do Club de Produto Turístico “Reservas de Biosfera Españolas” e do Club de Ecoturismo Estatal, así como fomentar este modelo turístico no territorio).
Actuar como Mesa da Calidade do Destino SICTED.
Definición e execución de propostas, actividades e orzamentos relacionado co Xeodestino Turístico.
Mesa de bo goberno entre axentes do territorio que traballan a prol do turismo.
Calquera outra que lle outorgue a entidade xestora do destino, da cal depende.
Para máis información sobre o SICTED:




Que máis facemos?