No ano 2019, realizouse a formación e avaliouse ao primeiro grupo de Restaurantes da Biosfera, aqueles restaurantes que cumpren unha serie de requisitos relacionados coa calidade e profesionalización, instalacións e servizos, boa xestión ambiental, utilización de materias primas do territorio, e tamén, implicados coa formación ofrecida pola Reserva de Biosfera e coa mellora continua dos seus establecementos.
Derivados destos traballos co sector, constituíuse neste ano 2019 a Asociación de Ecoturismo da Reserva de Biosfera, formada por empresariado do sector turístico e na que se mellorou notablemente a colaboración público- privada e a participación na planificación turística desta área.
Os dezaseis Restaurantes certificados coa Marca de Calidade da Reserva de Biosfera son os seguintes: