No ano 2018 a Asociación Mariñas-Betanzos iniciou os trámites para xestionar o Xeodestino “A Coruña e As Mariñas”, que coincide con gran parte do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
A xestión deste Xeodestino está a permitir unificar a mensaxe turística e promover estratexias conxuntas entre os municipios, asociado a un produto turístico.
Desde xullo de 2019, a Asociación Mariñas-Betanzos, é a entidade xestora do Xeodestino A Coruña e As Mariñas, que se oficializou mediante un convenio coa Xunta de Galicia (Axencia de Turismo de Galicia) para a realización de actividades e actuacións de promoción e información turística neste xeodestino.
Dentro destas actuacións enmarcouse a formación a empresas turísticas para a súa adhesión ao Club de Ecoturismo en España, así como outras actividades de promoción, creación de rede, apoio ao sector e organización da oferta.