A AUGA NON PARA

A AUGA NON PARA é unha campaña de información e difusión, que realiza EMALCSA (Empresa Municipal de Augas de A Coruña S.A.) coa colaboración da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, sobre o ciclo da auga dirixido á comunidade educativa da Coruña e a súa área de influencia, a través do Concurso Escolar “A Auga non para”.

OBXECTIVOS:

O Concurso Escolar  “A Auga non para”, nace co fin de poñer en valor a importancia da auga como un recurso natural e limitado, e fomentar a concienciación sobre o seu uso responsable entre a comunidade educativa da Coruña e a súa área de influencia, establecendo os seguintes obxectivos específicos:
Coñecer os diferentes usos da auga e ecosistemas asociados á cunca do Río Mero, o seu patrimonio asociado, e os valores ambientais na Zona de Especial Conservación “Encoro Abegondo – Cecebre”, zona núcleo da Reserva de Biosfera, así como doutras áreas de especial interese ambiental vinculadas.
Coñecer a procedencia da auga que se consume na cidade de A Coruña e na súa zona de influenza; os procesos de potabilización, distribución e saneamento da auga, así como o aproveitamento racional de dito recurso.
Sensibilizar sobre a importancia dun uso responsable e sostible da auga na cidade da Coruña e a súa área máis próxima.
Concienciar á comunidade educativa e á poboación en xeral en bos hábitos de uso e consumo de auga.
Difundir os aproveitamentos tradicionais da auga: fontes, muíños, pontes…, cunha visión integradora e sostible da xestión dos recursos e o benestar das xentes.

Para acadar estes obxectivos, empregase o xogo “A Auga non para”, como ferramenta para que as rapazas e rapaces aprendan dunha forma didáctica, amena e participativa o importante que é este recurso, e adquiran hábitos de consumo e aforro.

Mediante as preguntas propostas no xogo, o alumnado vai percorrendo o traxecto que sigue a auga na área da Coruña, dende o nacemento dos catro ríos principais que abastecen ao Encoro de Abegondo-Cecebre ata a súa depuración na EDAR de Bens, antes de ser devolta de novo á natureza.

XOGO:

O xogo denominado “A Auga non para”,  está orientado para o alumnado de 3º ciclo de primaria,  e foi deseñado para empregar nas aulas de forma educativa e divulgativa á vez que amena.

O xogo simula o percorrido da auga na área metropolitana da Coruña dentro da cunca hidrográfica dos ríos  Mero e Barcés. Dito percorrido divídese en 4 áreas temáticas segundo a zona que atravesa e as funcións que realiza a auga.

Taboleiro físico do xogo “A Auga non para”
Taboleiro online line: Recentemente, deseñouse unha versión On line, do taboleiro do xogo ao que se pode acceder na seguinte ligazón: www.oxogodagota.es Aínda que o seu deseño cambiase un pouco respecto ao taboleiro físico, segue sendo igual de divertido e entretido á hora de xogar!!!

COMO XOGAR:

Accede á ligazón
Selecciona o taboleiro “A CUNCA DO MERO – BARCÉS NO SISTEMA DE AUGA DA CORUÑA). FAI CLICK SOBRE EL
Selecciona o número de xogadores que van participar na partida (1,2,3 ou 4) e PULSA CONTINUAR
No lado dereito hai un dado…FAI CLICK SOBRE EL
Na pantalla aparecerá unha pregunta con 3 posibles respostas… LE ATENTAMENTE A PREGUNTA E MARCA A RESPOSTA (SÓ HAI UNHA RESPOSTA CORRECTA)
No caso de acertar, deberás facer CLICK en CONTINUAR para que a ficha se mova ata a caixa correspondente
No caso de non acertar, saira´na pantalla unha mensaxe de “INCORRECTO” e deberás FACER CLICK en CONTINUAR.
O seguinte xogador deberá facer CLICK sobre o dado e aparecerá de novo unha pregunta
GAÑARÁ O PRIMEIRO QUE CHEGUE Á CAIXA 60

CONCURSO ESCOLAR A AUGA NON PARA:

EMALCSA e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, levan varios anos desenvolvendo nos centros escolares da cidade da Coruña e a súa área metropolitana o Concurso Escolar “A AUGA NON PARA”

QUEN PODE PARTICIPAR

O Concurso está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos da cidade da Coruña e dos concellos da súa área metropolitana (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada).

COMO PODO PARTICIPAR
A inscrición débea realizar o centro educativo para todas as aulas interesadas en participar
Cubrindo o formulario habilitado, dentro do prazo de inscrición
Para recibir máis información ou aclarar calquera dúbida que poidas ter, pódelo facer:
A través do correo electrónico: info@marinasbetanzos.gal
Chamando ao 981 669 54

APRENDER MÁIS:

Para aprender máis sobre o ciclo da auga na área de A Coruña, o Encoro de Abegondo – Cecebre, os usos da auga e moitas outras curiosidades sobre este recurso natural, podes consultar o Libro “A AUGA NON PARA”:

LIBRO A AUGA NON PARA

Como non vai ser todo teoría, propoñémosche varias actividades prácticas que podedes realizar na aula ou na casa coa supervisión dun adulto.
Aquí poderás aprender entre outras cousas:
-Como hacer una caja niño
-Facer o molde dunha pegada dun animal
-Aprender a reutilizar os plásticos (fabrica un estoxo para os lápices ou fai un maceteiro)…

CADERNO DE ACTIVIDADES “A AUGA NON PARA”