As Reservas da Biosfera, como espazos de experimentación dos obxectivos de desenvolvemento sostible, poñen un ano máis en marcha o proxecto Outonos pola Igualdade, co fin de colaborar en alcanzar o ODS 5: igualdade de xénero.
Nesta nova edición os esforzos céntranse na poboación nova das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e ten vocación de servir como ferramenta para aqueles axentes sociais que queiran contribuír a traballar en erradicar as condutas machistas entre a adolescencia.
Creamos, entre outras accións, unha guía didáctica breve dirixida a profesorado de segundo ciclo de educación secundaria, coa finalidade de apoiar o labor coeducativa de promover no alumnado unha conciencia crítica con respecto á desigualdade de xénero e unha toma de conciencia en prol do bo trato e a sustentabilidade global.
Esta guía redactouna Sara Vierna Fernández, unha educadora social experta en igualdade e educación emocional que puxo todo o seu esforzo en facer un documento sinxelo e accesible ao profesorado.
Ademais, contamos con @Blondiemuser, unha influencer da app TikTok que, a través dos seus vídeos, axuda a poñer en cuestión o sexismo que damos por sentado na cotidianidad da aula e da vida. @Blondiemusur é Paula, unha bióloga de 26 anos de As Pontes con mais dun millón de seguidores en redes sociais e implicada no coidado do noso planeta. Ela foi a encargada de lanzar o mensaxe asesorada por Sara e o noso equipo de marketing dixital.
Para a campaña dixital durante o mes de outubro realizáronse 12 publicacións, seis en Facebook e seis en Instagram.
En cada unha das redes sociais as publicacións foron por igual: unha publicación do sorteo, unha publicación sobre formación do profesorado e catro vídeos realizados por @ blondiemuser.
En canto ás publicacións realizadas en Facebook superamos as 95.000 impresións e en Instagram superamos as 105.000. O vídeo publicado por @blondiemuser na súa canle de TIK TOK sobre “as situacións cotiás que deberían cambiar” superou as 139.000 publicacións.
Ademais, logrou máis de 34.500 likes, 379 comentarios e 73 veces compartidas por toda a súa comunidade de seguidores.
Analizamos tamén a percepción actual sobre os micromachismos que ten a mocidade a través dunha enquisa na que participaron mais de 300 persoas e que tivo como premio unha ruta guiada en kayak polo Río Mandeo para 20 mozos e mozas que poideron desfrutar deste privilexiado lugar da Reserva de Biosfera Mariñas Betanzos e Terras do Mandeo.
Tamén realizaronse dúas sesións de talleres piloto no IES Maria Casares co indicado na guía didáctica co uso de material audiovisual e así facelos mais atractivos para a mocidade. Realizarase no IES Maria Casares sendo este o instituto piloto seleccionado pola súa traxectoria de traballos neste senso, o taller estará dirixido o alumnado de cuarto de ESO.
A campaña incluíu un taller formativo para o profesorado para facilitar o uso das guías didácticas e o material audiovisual e un seminario final titulado “Afrontando os micromachismos no rural dende a prespectiva da mocidade.
Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.
Os ODS desde o inicio da súa formulación incluíron á sociedade en xeral e non só aos representantes políticos. Abordan cuestións globais como a enerxía, o consumo, a paz ou a sustentabilidade nas súas múltiples facetas.
E é que este elemento, a sustentabilidade, é o que marca e dirixe todos e cada un dos ODS, facendo fincapé na importancia e urxencia que ten a adopción de políticas que respecten a contorna natural e freen o cambio climático para garantir o futuro da Humanidade.
As Reservas da Biosfera, como espazos de experimentación dos obxectivos de desenvolvemento sostible, poñen un ano máis en marcha o proxecto Outonos pola Igualdade, co fin de colaborar en alcanzar o ODS 5: igualdade de xénero.
Unha das accións da campaña trata de facer esta enquisa e percibir mellor a situación actual da percepción da mocidade sobre os micromachismos.As preguntas da mesma estiveron deseñadas por Sara Vierna Fernandez que analizou as respostas na guía didáctica DESCONECTA DO MACHISMO!
A enquisa incluía un sorteo entre todas as persoas participantes de 10 experiencias na natureza para dúas persoas.
O formulario tiña catro seccións:
-Datos de contacto.
-Datos estadísticos.
-Entorno machista.
-Opinión.
-Agradecemento. A enquisa tivoi 265 respostas e os participantes foron en maior parte mulleres, o 80%, dunha media de 28 anos.O concello con maior participación foi A Coruña con 30% e logo os concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.Todos os concellos da reserva tiveron participación a excepción do Concello de Sobrado e o de Aranga.Destacamos que o 65,3% das persoas pensan que viven nun entorno machista e o explican por motivos moi diferentes.Nos agracementos aproveitouse para preguntar se as persoas coñecían o que era unha Reserva de Biosfera resultando que un 86,7% responderon afirmativamente.Axúntase a este documento a memoria de execución da mesma.
Experiencias na naturezaOs premios serán experiencias na natureza dentro da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo como rutas en kaiak no Mandeo.
Deseñouse e implementouse o taller piloto “Desconecta o machismo online e offline” dirixido a alumnado de secundaria co obxectivo de previr as condutas machistas na mocidade. O instituto seleccionado foi o IES Maria Casares de Bastiagueiro no Concello de Oleiros.
No desenvolvemento do taller profundouse nas súas condutas virtuais desde unha perspectiva de xénero, falamos de como usan se son mozas ou mozos as diferentes aplicacións ou plataformas.
Neste sentido repensamos a súa socialización de xénero e falamos sobre como a masculinidade hexemónica e a feminidade afectoulles nas súas decisións e nas súas relacións desde que eran pequenas/vos ata o de agora. Tamén traballaron de que maneira constrúese e perpetúase o machismo, ás veces inconscientemente, nos seus cotidianidades, dixitais e analóxicas.
Para a posta en práctica do taller fíxose uso do material (vídeos tiktoks) creado pola influencers blondiemuser que serviron para reforzar a mensaxe de prevención desde os seus propios códigos adolescentes.
O grupo mostrouse moi participativo e interesado pola temática en todo momento a pesar dos límites da metodoloxía como consecuencia da covid-19.
Ao finalizar a sesión o alumnado agradeceu a conexión dos contidos expostos coas súas propias realidades.
Outra das accións que se puxeron en marcha dentro do proxecto Outonos pola igualdade foi unha sesión online de formación a profesorado.
En primeiro lugar abordouse o fenómeno da adolescencia posmillenial, cales son os retos e as posibilidades que teñen como nativas/vos dixitais e que necesidades escóndense detrás dos seus comportamentos. Ademais falamos da masculinidade hexemónica e da feminidade nas adolescencias “conectadas”, que estereotipos e roles séguense perpetuando neste “espellismo de igualdade” no que seguimos vivindo. Exploramos desde unha perspectiva de xénero os seus usos, os seus códigos e os seus anhelos no mundo online e offline.
Despois da contextualización xeral expuxéronse os datos e conclusións da enquisa sobre a percepción do machismo na mocidade que se lanzou desde a reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo que estivo realizándose en paralelo ao resto de accións.
Un dos puntos fortes da formación foi a proposta de traballar na praxe educativa desde o enfoque da coeducación emocional para eliminar o machismo imperante nos centros educativos e avanzar cara ao ods 5 de igualdade de xénero. Para iso facilitouse a Guía didáctica co material audiovisual, os tiktoks, xerados pola influencer blondiemuser. Estes recursos axudan ao profesorado para enfocar a prevención do machismo en aulas de segundo ciclo de educación secundaria, xa que dispoñen dun marco teórico e de actividades prácticas para implementalas sen dificultade algunha. Por último abriuse un espazo para a participación das persoas asistentes co obxectivo de que expuxesen as súas dúbidas e reflexións. Este momento resultou moi enriquecedor porque a través das preguntas reflexionamos conxuntamente sobre as dificultades que se lles presenta nas súas clases diarias e posibles alternativas.Vídeo da formación dispoñible en YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=pkgTIDlyGPY&feature=youtu.be