A Reserva de Biosfera, a súa filosofía e visión son os piares dun Programa que se foi consolidando e fortalecendo cada vez máis ao longo dos anos. Varias son as fortalezas do Programa “Educando na Biosfera”:
A Reserva de Biosfera e a filosofía das Reservas de Biosfera, para as cales o coñecemento é un piar básico, son o fío condutor deste Programa que conta co recoñecemento da UNESCO como elemento diferenciador respecto a outros programas de educación ambiental.
Deste xeito, o Programa fortalécese e é clave para que conecte co profesorado, gaña confianza coa comunidade educativa, e sobre todo, acábanse dando a coñecer e traballando outros proxectos nos que o xerme é dito Programa Formativo.
Ten como base os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, e permite interconectar a educación con outra serie de valores que se poñen de manifesto nestes ODS.
É un Programa dinámico e transversal, incorporando e ofertando cada ano novas temáticas relacionadas non só co medioambiente e a natureza, senón tamén coas ciencias sociais, a igualdade, o fomento dun estilo de vida saudable, artes gráficas, cultura, historia e tradicións, posta en valor do territorio, etc.
Trátase dun Programa práctico e claramente participativo que trata de ser un complemento da formación que recibe o alumnado nos centros educativos, acercándolles aos profesionais e expertos que traballan a diario nos campos das temáticas que se ofertan.
Serve como nexo de unión e fortalece outros proxectos desenvolvidos pola Reserva de Biosfera e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos (entidade xestora) como Grupo de Acción Local, como por exemplo a declaración e traballos/ propostas de mellora de espazos que remataron por declararse como Espazo Natural de Interese Local; axuda na implantación do Programa Eco- Comedores Escolares; fortalece aos nosos produtores locais e á Marca de Calidade da Reserva de Biosfera; sensibiliza e trabállase cos máis novos/as nun modelo de Ecoturismo para o territorio (é fundamental que veña de abaixo-arriba); trátase de incentivar o emprendemento entre a mocidade, a creatividade, os nosos acervos históricos, culturais, naturais e etnográficos, ademais de fortalecer a visión e singularidade do noso medio rural.
Visibilidade das actuacións e actividades realizadas dentro do Programa “Educando na Biosfera”.
Todas as actividades son debidamente informadas a través da páxina web da Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” (www.marinasbetanzos.gal) e das redes sociais da Reserva de Biosfera (Facebook; Twitter; Instagram).
Curso escolar 2016 – 2017:
1.Nº Concellos adheridos:1
2.Nº Centros participantes:2
3.Nº alumn@s:420
Curso escolar 2017 – 2018:
1.Nº Concellos adheridos:2
2.Nº Centros participantes:9
3.Nº alumn@s:2000
Curso escolar 2018 – 2019:
1.Nº Concellos adheridos:4
2.Nº Centros participantes:10
3.Nº alumn@s:2350
Curso escolar 2019 – 2020:
1.Nº Ayuntamientos adheridos:5
2.Nº Centros participantes:11
3.Nº alumn@s:2.038*
*Este número viuse alterado pola Pandemia provocada pola Covid – 19. Inclúe alumnado participante nas actividades realizadas de xeito presencial e alumnado que accedeu aos contidos telemáticos
Curso escolar 2020 – 2021:
1.Nº Concellos adheridos:5
2.Nº Centros participantes:9
3.Nº alumn@s:2.242
SE QUERES SABER MÁIS SOBRE AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA EDUCANDO NA BIOSFERA PODES POÑERTE EN CONTACTO CONNOSCO A TRAVÉS DE:
Teléfono: 981 669 541
Correo electrónico: info@marinasbetanzos.gal