No marco do PDR de Galicia 2014-2020 Agader vai tramitar a medida 19 Leader, amparada así mesmo polo Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, regula no título III, capítulo II o desenvolvemento local participativo ( DLP) Esta actuación dá continuidade a programas Leader anteriores tales como a iniciativa experimental (Leader I), pasando polos programas Leader II e Leader Plus, ata consolidarse no período 2007-2013 como o eixo 4 do PDR de Galicia.
O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que na comarca de actuación existan.
O elemento esencial da metodoloxía LEADER é que se trata de “Procesos de abaixo cara arriba”, é dicir, as estratexias ou programas específicos de desenvolvemento rural definisen no ámbito local do territorio, e as decisión sobre as liñas concretas de aplicación das axudas e mesmo dos proxectos que se financian son tomadas nese mesmo ámbito por participados de axentes públicos e privados (na súa maioría privados por esixencia do programa).
Para asegurar esa participación da sociedade rural constituíronse os Grupos de Desenvolvemento Rural ( GDRs), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento.
Estes GDRs implican por tanto unha formulación multisectorial, tanto na dimensión económica, non só do sector primario, como no resto de dimensións sociais; equipamentos, servizos e dotacións públicas, defensa dos valores patrimoniais e ambientais, relacións sociais, traballo en rede, etc.
Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e o xa citado obxectivo de contribuír á estratexia europea 2020 conseguindo un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, o enfoque Leader para o período 2014-2020 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:
Coa finalidade de estender a aplicación da metodoloxía LEADER o máximo posible, o territorio elixible será todo o rural galego, coa excepción das entidades singulares de poboación que superan os 6.000 habitantes nas provincias atlánticas da Coruña e de Pontevedra ( xunto cos terminos municipais da Coruña e Vigo). Nas provincias de Lugo e de Ourense, en liña cos obxectivos dos Plans Impulsa Lugo e Impulsa Ourense da Xunta de Galicia, preténdese unha discriminación positiva en favor destas provincias mais rurais, tendo en conta o déficit de tecido produtivo e de servizos en relación coas provincias atlánticas. É por iso que nas citadas provincias de Lugo e de Ourense, unicamente excluirase como territorio elixible as entidades singulares de poboación que superen os 10.000 habitantes.
Agrupamos os proxectos levados a cabo a través da Medida Leader no período 2017-2020 en tres convocatorias.Nas ligazóns que abaixo detallamos pódese descargar o documento no que se detallan os proxectos concretos de cada un dos tres períodos.