ORDE do 25 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724C).
O obxecto desta Orde é o de establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento administrativo MT724C) da concesión de axudas de acordo co anexo IV de criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en Reservas da Biosfera con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de MedioAmbiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4 de conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.
A súa finalidade é promover a conservación e a mellora da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas Reservas da Biosfera de Galicia.
Como entidades beneficiarias destas axudas contémplanse aos Órganos Xestores da Reservas de Biosfera de Galicia, as cales serán dedicadas a actuacións que estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes co Plan de Acción da Reserva de Biosfera.
De acordo coas directrices establecidas na Conferencia de Sevilla (1995),aprobadas por Resolución 28 C/2.4 da Conferencia Xeral da UNESCO, e o artigo 3do Marco Estatutario, os territorios declarados como Reserva de Biosfera deben contribuír á consecución de tres obxectivos básicos:
> Conservación das paisaxes, ecosistemas, especies e diversidade xenética.
> Desenvolvemento económico e humano sostible.
> Coñecemento científico e apoio loxístico, prestando atención a proxectos de demostración,de educación e capacitación sobre o medio ambiente e de investigación e observación permanente en relación con cuestións locais, rexionais, nacionais e mundiais de conservación e desenvolvemento sostible.
Coa proposta e desenvolvemento do proxecto “Actuacións de conservación, desenvolvemento sostible e apoio loxístico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (2022-2023)”, preténdese promover a conservación e restauración dos ecosistemas e da súa biodiversidade, impulsar o desenvolvemento sustentable e mellorar o patrimonio cultural da Reserva deBiosfera.
Os obxectivos específicos son:
> Estudar os valores ambientais da Reserva de Biosfera.
> Analizar os problemas de conservación dos espazos.
> Manter os ecosistemas de importancia ambiental nun estado de conservación favorable e fomentara súa funcionalidade.
> Restaurar ecosistemas degradados.
> Conservar e mellorar a paisaxe.
> Mellorar a conectividade e fomentar a infraestrutura verde.
> Mellorar as infraestruturas de uso público.
> Formar e divulgar sobre os valores ambientais da Reserva de Biosfera.
> Impulsar o desenvolvemento de actividades sustentables e respectuosas coa natureza.
> Mellorar e poñer en valor o patrimonio cultural.
Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020
Convenio 2022 coa Axencia de Turismo de Galicia para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino As Mariñas
Convenio coas Cátedras Hijos de Rivera-UDC e EMALCSA-UDC
Fondos propios Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
∙ Recuperación ambiental e paisaxística con plantación de frondosas e charcas de biodiversidade en parcela do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
∙ Seguimento de flora, fauna e problemas ambientais nas áreas restauradas polo proxecto LIFE Fluvial
∙ Retirada de especies exóticas invasoras con voluntariado na ZEC Encoro de Abegondo-Cecebre
∙ Retirada de especies exóticas invasoras con voluntariado na ZEC Betanzos-Mandeo
∙ Actuacións de control do cangrexo americano (Procambarus clarkii). Monitorización do seu impacto no Encorode Abegondo-Cecebre
∙ Estudo para a mellora da conectividade litoral da Ría de Betanzos
∙ Instalación e seguimento de refuxios de fauna útil en empresas agroalimentarias
∙ Estudos de biodiversidade e impactos dos parques eólicos na Reserva de Biosfera
∙ Apoio e seguimento ás empresas do territorio adheridas ao distintivo de calidade da Reserva de Biosfera
∙ Redeseño do procedemento de control e certificación de empresas agroalimentarias da marca Reserva de Biosfera, mediante metodoloxía cuantificada e dixitalizada
∙ Mellora das capacidade dos axentes locais relacionadas coas especies naturais do territorio. Especie do ano 2022 e2023
∙ Mellora das capacidade dos axentes locais relacionadas coas especies naturais do territorio. Curso de Ornitoloxía e Maratón Ornitolóxica 2022 e 2023
∙ Participación da Reserva de Biosfera na Feira de Ciencia Open Science Cambre 2022 e 2023
∙ Actividades de Educación Ambiental en Centros Escolares
∙ Plan de Xestión da Reserva de Biosfera2023-2032
∙ Plan de Uso Público da Reserva deBiosfera
∙ Acondicionamento exterior do Centro recepción de visitantes da Reserva de Biosfera
∙ Acondicionamento tematizado do observatorio de aves de Crendes no Encoro de Abegondo-Cecebre
∙ Sinalización da Ruta de Ecoturismo Cervexeiro
∙ Sinalización da Ruta do Río Pelamios
∙ Sinalización da Ruta Agroalimentaria da Reserva de Biosfera
∙ Mellora da sinalización das entradas por estrada á Reserva de Biosfera
∙ Audiovisuais divulgativos das actuacións
∙ Difusión en prensa e redes sociais das actuacións