PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
PROXECTOS COOPERACIÓN

CONECTANDO BIODIVERSIDADE

O proxecto Conectando Biodiversidade busca avanzar na posta en marcha da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia, desenvolvendo actuacións de mellora ambiental e deseñando proxectos de futuro que contribúan a reforzar a conectividade ecolóxica nos territorios dos GDR participantes.

 

A cooperación entre Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) demostrou ser unha canle eficaz para o intercambio de experiencias, a transferencia de coñecemento e a amplificación de accións exitosas en determinados territorios. Este proxecto xustifícase polos valores ambientais destacados dos GDR participantes, así como pola necesidade de cumprir cos obxectivos de conservación e biodiversidade establecidos nas estratexias europeas e galegas. A través desta cooperación, preténdense resolver problemas comúns, promover a innovación e implementar medidas de protección e restauración dos hábitats e especies ameazadas.

 

Obxectivos do proxecto

1.    Desenvolver actuacións concretas de mellora ambiental, da conectividade ecolóxica e da biodiversidade agraria en varios concellos dos GDR participantes.

2.    Deseñar proxectos técnicos de cara executarse no futuro, en colaboración coas administracións e outros axentes, e que redundarían nunha mellora cualitativada conectividade ecolóxica.

3.    Divulgare dar a coñecer entre a sociedade o que é a Infraestrutura Verde, as actuacións concretas do proxecto, así como o a contribución que pode ter a Infraestrutura Verde na mellora da calidade de vida das persoas.

 

Accións realizadas

·     Actuacións de mellora da conectividade ecolóxica: Cada GDR realizou no seu territorio actuacións para mellorar a conectividade ecolóxica e o medio ambiente: a Restauración de infraestruturas abandonadas, como un refuxio útil de fauna, a mellora da biodiversidad e nas explotacións agrarias, a retirada e control de especies invasoras.

·     Deseño de proxectos de mellora da conectividade: Os GDRs contrataron asesoramento externo para deseñar proxectos que identifiquen accións/pasos a seguir para a mellora da infraestrutura verde e a conectividade ecolóxica.

·     Accións de información e comunicación: Difusión do proxecto a través de redes sociais, medios de comunicación e creación de materiais promocionais para actividades no terreo, co obxectivo de visibilizar os beneficios da implementación dunha Estratexia de Infraestrutura Verde para a sociedade.

Ámbito xeográfico do proxecto de cooperación.

O proxecto desenvolverase en dous GDR, que aglutinan a 38 municipios da provincia da Coruña, que representan o 40% do total.

Os GRDs implicados neste proxecto son:

·     GDR-23: Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos (coordinador).

·     GDR-24: Asociación Seitura 22.

Outras entidades que participan no proxecto son:

·     Fundación Enxeñería Agronómica para o Desenvolvemento de Galicia.




Que máis facemos?