A innovación é unha ferramenta fundamental en todos os sectores, pero especialmente no mundo rural, por ser un entorno moi disperso con difícil acceso ao coñecemento, aos resultados da investigación, á formación, á evolución dos mercados, ás novas tecnoloxías e outra información.
Fonte: Comisión Europea – EIP-AGRI (Agriculture & Innovation)
Enlace: Agriculture and rural development > Financing the Common Agricultural Policy (FEADER)
A innovación, xunto coa investigación, debe ser un instrumento esencial para afrontar os retos económicos, ambientais e sociais do sector agroalimentario e forestal. Para aumentar a competitividade nestes sectores é necesario acelerar a innovación e a transferencia de resultados da investigación aos sectores produtivos, así como atopar e aplicar respostas idóneas e rápidas ás actuais necesidades.
O principal instrumento da Unión Europea para impulsar e acelerar a innovación no medio rural é a Asociación Europea para a innovación en materia de produtividade e sostibilidade agrícola.
Esta pretende acelerar a innovación no sector agroalimentario e forestal, mellorando o medio rural, así como a divulgación e diseminación de experiencias de éxito no territorio, a través de proxectos innovadores concretos. Ademais, búscase a adaptación da oferta científica á demanda sectorial e favorecer a resolución de problemas concretos ou o aproveitamento de oportunidade que contribúan a aumentar a competitividade e a mellorar as condicións de vida do medio rural.
Seguindo esta liña, o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para o período de programación 2014-2020, promoveu axudas destinadas á creación e execución de proxectos dos Grupos Operativos de Innovación.
Estes grupos operativos están formados por agrupacións de actores de distintos perfiles, tales como agricultores, gandeiros, investigadores, centros tecnolóxicos, universidades, organizacións non gobernamentais, grupos de desenvolvemento Rural, asociacións, etc., co obxectivo de abordar de forma conxunta un problema concreto ou unha oportunidade nos sectores agroalimentario e forestal empregando para elo unha idea innovadora.
Fonte: Comisión Europea – EIP-AGRI (Agriculture & Innovation)
Los proyectos para los que se constituyen los grupos operativos deben de fomentar la cooperación y la innovación en las siguientes áreas prioritarias de actuación:
Os grupos operativos buscarán aumentar a produtividade e sustentabilidade agrícola e forestal, cun efecto directo na promoción do desenvolvemento local das zonas rurais. Ao mesmo tempo terán efectos secundarios sobre: