PROXECTOS COOPERACIÓN

A Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballa en proxectos relacionados con diferentes ámbitos: sustentabilidade do medio rural, medio ambiente, ecoturismo ou innovación.
MEDIO AMBIENTE

LIFE FLUVIAL

Mellora e xestión sostible de corredores fluviais da rexión atlántica ibérica [LIFE16 NAT/ES/000771]

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto LIFE FLUVIAL é a mellora do estado de conservación de corredores fluviais atlánticos na Rede Natura 2000. Para este propósito, o proxecto desenvolve unha estratexia transnacional para a xestión sostible dos seus hábitats en varias bacías fluviais atlánticas da Península Ibérica (España e Portugal). Neste ámbito, factores de ameaza como especies invasoras, intensificación de usos ou problemas fitosanitarios, xeran o deterioro e fragmentación dos hábitats dos corredores fluviais.

Para alcanzar o obxectivo xeral propóñense obxectivos específicos encamiñados a combater a degradación dos hábitats:

Partenariado

A proposta se presenta como o resultado da colaboración entre 8 organismos públicos, empresas e asociacións:

Período de execución

Inicio: 1 de setembro de 2017

Finalización: 31 de agosto de 2021

Orzamento

3.032.223 € (Cofinanciación da UE: 75%)

Accións

As accións a implementar durante o proxecto serán:

ACCIÓNS PREPARATORIAS

Avaliación previa dos enclaves de actuación e planificación técnica das accións.

ADQUISICIÓN DE TERREOS

ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN

Defínense 8 accións de conservación en tramos altos, medios e baixos de distintas bacías fluviais de 9 espazos Natura 2000 de España e Portugal, para a mellora do estado de conservación dos corredores fluviais. As tarefas incluídas nestas accións son: control de especies invasoras, eliminación de ameneiros mortos, restauración de cuberta vexetal natural.

As accións de conservación realizaranse en 55.5 ha.

ACCIÓNS DE MONITORIZACIÓN

Accións de seguimento para medir o impacto do proxecto sobre os hábitats obxectivo, para avaliar o impacto socioeconómico do proxecto, para valorar o impacto do proxecto sobre as funcións ecosistémicas, así como para analizar o progreso do proxecto.

SENSIBILIZACIÓN PÚBLICA E DIFUSIÓN DOS RESULTADOS

Estas accións inclúen o desenvolvemento dun Plan de Comunicación, deseño, elaboración e instalación de materiais e equipamentos informativos, didácticos e de sensibilización, deseño e implementación dun programa de sensibilización e difusión, edición dun boletín electrónico informativo, posta en marcha de páxina web e establecemento de relacións con outros proxectos de temática similar.

Entre as diferentes accións de restauración propostas, o proxecto presenta unha estratexia integral de eliminación das especies de flora exótica e invasora como unha das actuacións máis necesarias, posto que a presenza de flora invasora representa unha das meirandes ameazas dos corredores fluviais na Rexión Atlántica na actualidade. Debido a isto, o proxecto inclúe tamén unha serie de actuacións de sensibilización e difusión sobre a ameaza que estas especies representan para os ambientes fluviais, especialmente para o hábitat prioritario 91E0*.

Deixámosche un documento para que poidas ver os proxectos que se desenvolveron, como a publicación do libro ” Os Bolechas van polo río”

OS BOLECHAS VAN POLO RÍO (GALEGO)
LOS BOLECHAS VAN POR EL RÍO (CASTELLANO)

FUNCIONAMENTO E SEGUIMENTO DO PROXECTO

Abarca o conxunto de tarefas de xestión e coordinación do proxecto, incluíndo o proceso de auditoría, así como o deseño dun Plan de Conservación post-LIFE.

Aquí podes ver os boletíns:

BOLETÍN 2018 (GALEGO)
BOLETÍN 2018 (CASTELLANO)

BOLETÍN 2019 (GALEGO)
BOLETÍN 2019 (CASTELLANO)

BOLETÍN 2020 (GALEGO)
BOLETÍN 2020 (CASTELLANO)

Accións de conservación na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

C4. RESTAURACIÓN DE HÁBITATS NATURAIS NO CORREDOR FLUVIOESTUARINO DA RÍA DE BETANZOS (ZEC BETANZOS-MANDEO ES111007)

C5. XESTIÓN SOSTIBLE DOS BOSQUES HIGRÓFILOS (ZEC ENCORO DE ABEGONDO-CECEBRE ES1110004)

Para máis información…

Life FLuvial

Rede Natura 2000

Programa Life




Que máis facemos?