REDE ECOCOMEDORES PARA ANIMAR O CONSUMO DEPRODUCTOS ECOLÓXICOS, DE TEMPADA E PROXIMIDADE EN COMEDORES ESCOLARES.
O proxecto busca impulsar a incorporación de centros educativos no Proxecto“Rede EcoComedores”, coa finalidade de adaptar os menús ás novas recomendaciónssanitarias. Para isto se animará este cambio e se apoiará tecnicamente no“balanceado” dos menús para incluír produto local, de tempada e ecolóxico. A pertinencia do proxecto destácase debidoá existencia dun proxecto de Real Decreto relacionado coa promoción dunhaalimentación saudable e sostible nos centros educativos, o que reflicte ointerese da sociedade en abordar a obesidade infantil, ao tempo ao que secontribúe ao desenvolvemento rural.
A Cooperación entre os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) é altamenteefectiva para o intercambio e a transferencia de experiencias exitosas endiferentes territorios. Neste sentido, os GDR presentan un gran potencial paradesenvolver unha estratexia centrada na alimentación, especialmente noscomedores escolares, promovendo a comercialización e o consumo de produtoslocais, e axudando aos pequenos produtores locais, a través do desenvolvementodun sistema alimentario máis sostible, apoiado no produto local.
Obxectivos do proxecto.
1. Revisar os menús escolares, incorporando produtos locais, de temporada eecolóxicos, sen aumentar os custos.
2. Promover unha alimentación saudable e sostible empregando produtoslocais nos comedores escolares, reducindo a pegada de carbono ao evitartransportes a longas distancias, apoiar ás pequenas empresas alimentarias ruraise ampliar o acceso aos produtos locais.
3. Divulgar o proxecto entre asfamilias, equipos educativos e a sociedade en xeral.
Accións realizadas.
Asesoramento nutricional a centros escolares. Análise dos menús de cada centro, programacióndos menús adaptados ás necesidades específicas, cálculo da cantidade total de hortalizasnecesarias ao mes e do custo da partida alimentaria.
Seminarios de formación a persoal de cociña. Charlas teóricas e obradoiros prácticospara a elaboración de pratos con alimentos de tempada e cálculo de ingredientespara a elaboración de fichas técnicas.
Xornadas de menú con produto local e/ou ecolóxico. Organización de xornadas en cada un doscentros educativos participantes en cada GDR.
Accións de información e comunicación do proxecto. Elaboración de materiais divulgativos “RedeEcoComedores”, bolsas reutilizables, póster do “Prato de Harvard”, placasacreditativas, e tríptico divulgativo. Tamén se organizaron eventos de difusiónpara dar a coñecer o proxecto.
Accións de futuro.
O proxecto da Rede EcoComedores ten como perspectivas de futuro a incorporaciónde máis GRDs e centros educativos, a formación continua do persoal de cociña, aintensificación da divulgación e comunicación do proxecto, e o establecementode alianzas estratéxicas con entidades colaboradoras. Estas acciónscontribuirán a promover unha alimentación máis sostible nos comedoresescolares, fomentando o consumo de produtos ecolóxicos, de tempada e locais, xerandoun impacto positivo na sociedade e no desenvolvemento rural.
Membros do proxecto.
Forman parte desde proxecto de cooperación un total de 11 Grupos deDesenvolvemento Rural, que son os seguintes:
· GDR-01:Asociación Desenvolvemento Comarcal Terras de Miranda
· GDR-02:Asociación de Desenvolvemento Comarcal da Terra Chá
· GDR-03:Asociación Montes e Vales Orientais
· GDR-04:Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo
· GDR-05:Asociación Miño-Ulla
· GDR-10:Asociación de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia
· GDR-13:Asociación Condado-Paradanta
· GDR-14:Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural
· GDR-20:Asociación Ulla-Tambre-Mandeo
· GDR-23:Asociación Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos
· GDR-24:Asociación Seitura 22
Outras entidades que participan no proxecto son:
· GadisaRetail, SLU
· AxenciaGalega de Servicios Sociais (AGSS)
Videos da Rede EcoComedores:
· Día de formación a familias, coordinado pola EIM A Caracola.