RESERVA DA BIOSFERA

A candidatura a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” foi promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos”, contando co apoio da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, así como dos dezasete concellos que conforman este territorio.

A aprobación definitiva desta Reserva da Biosfera pola UNESCO, tivo lugar na 25ª Reunión do Consello Internacional de Coordinación do Programa MaB, celebrada en París o día 28 de maio de 2013.

A Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” abrangue un total de 116.724 ha (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), que representa o 14,33% da superficie da provincia da Coruña, repartidas en 17 concellos.

Con esta superficie é a segunda Reserva de Biosfera galega por orde de superficie, sendo a primeira da provincia da Coruña.

Municipios que conforman a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza -Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado. Poboación (ano 2015): 190.708 habitantes.

OPORTUNIDADES QUE OFRECE A RESERVA DA BIOSFERA:

Situar ao territorio “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” no mapa mundial.
Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
Recuperación das actividades económicas tradicionais.
Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ao turismo sostible.
Xerar oportunidades de capacitación e formación.
Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.

NATUREZA

O territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo atópase entre ríos, cantís e montañas. Trátase dun territorio sublitoral de 300 metros de altitude media, onde predominan as súas costas, vales e serras enmarcadas polas cuncas dos ríos Mero e  Mandeo.

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ocupan unha superficie de 116.724,3 hectáreas totais (113.969,7 ha terrestres e 2.754,6 ha mariñas), repartidas en 17 concellos:

Para compatibilizar a mellora ambiental co desenvolvemento social e económico da zona se divide en tres zonas:

1. Zonas Núcleo:

Cumplen a función de conservación. Están delimiadas en torno ós lugares da Rede Natura 2000:

Costa de Dexo
Costa da Morte
Betanzos-Mandeo
Embalse de Abegondo-Cecebre

2. Zonas Tampón:

Funcionan como áreas de protección da Zona Núcleo, onde se desenvolven aqueles usos e actividades como mostra do desenvolvemento sostible.

3. Zonas de Transición:

Sustentan a maior parte das poboacións e actividades.

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM) conta con varios espazos naturais protexidos no seu interior, como Zonas de Especial Conservación (ZEC), Monumentos Naturais e Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

As ZEC son:

Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes.
Costa da Morte
Betanzos-Mandeo
Encoro de Abegondo.

SINAIS DE IDENTIDADE

A historia das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo encóntrase moi vinculada ás súas características xeográficas. A calidade dos solos e o seu clima temperado con influencia mariña, con temperaturas suaves e precipitacións moderadas, así como a súa posición estratéxica nas proximidades da cidade da Coruña, condicionan a agricultura cara as producións en fresco.

Destacan os produtos de horta de excelente calidade: tomates, cebolas e repolos de “Betanzos”; así como produtos do mar (mexillóns de Lorbé ou sardiñas).
Existen ademais produtos tradicionais elaborados artesanalmente, como os queixos ou o pan de Carral, para acompañar cun viño da Terra de Betanzos. Din que axudan a percorrer mellor as sendas: “[…] con pan e viño, faise o camiño”.
Os obxectivos da Reserva diríxense a recuperar, en boa parte, a interrelación do ser humano coa natureza, e dar a coñecer todo o seu patrimonio natural, histórico, cultural, artístico, arqueolóxico, etnográfico e folclore variado, como consecuencia das innumerables culturas.
Os elementos máis antigos foron herdados de culturas megalíticas e castrexas (petroglifos e numerosos castros). A época romana ou o propio Camiño de Santiago, a cultura modernista en Sada ou unha variada arquitectura popular ou civil (pazos, xardíns e parques enciclopédicos como O Pasatempo en Betanzos, ou balnearios de augas con propiedades mineromedicinais, …) son algúns exemplos da enorme riqueza patrimonial que agocha este territorio.
Despregable Reserva Biosfera

CANDIDATURA PRESENTADA

Zonificación Reserva Biosfera
Ver candidaturaAnexo IV: Documentos jurídicosAnexo I: CartografíaAnexo V: Planes de Uso y OrdenaciónAnexo II: ParticipaciónAnexo VI: BibliografíaAnexo III: Firmas y apoyos oficiales Anexo VII: Anexo al formulario