EMPRENDEMENTO

Queres emprender?

Asesoramento a emprendedores

Desde a Asociación Mariñas-Betanzos asesoramos presencialmente a emprendedores interesados en poñer en marcha o seu proxecto. Se estás interesado en que che axudemos, ponte en contacto con nós para solicitar cita previa.

Viveiros para o emprendemento

A Asociación Mariñas-Betanzos dispón de 2 viveiros dirixidos a facilitar a incorporación de emprendedores na actividade agraria e agroindustrial, localizados en Iñás (Concello de Oleiros).

Convenio MicroBank Microcréditos

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e MicroBank suscriben un convenio de colaboración para incentivar o autoempleo e a actividade emprendedora.

-O convenio firmado entre a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos e MicroBank facilitará o acceso a financiación de emprendedores para contribuir a posta en marcha de novos negocios, co obxectivo de potenciar a creación de emprego.

-MicroBank é a única entidad en España dedicada exclusivamente a financiación de necesidades persoais e proxectos empresariais e de negocio a través de microcréditos.

-No primer semestre de 2016, MicroBank concedeu en Galicia 348 préstamos destinados a emprendedores e microempresas por un importe de 3,8 millones de euros.

Condicións dos MicrocréditosPlantilla plan empresa CAST Microcréditos CaixaBank

VISOR DA BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DE BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO

Que é a Bolsa de Terras?

Trátase dunha ferramenta para a dinamización de terras agrarias sen uso e/ou abandonadas. Unha base de datos de intercambio entre propietarios e emprendedores, ben sexa a través de fórmulas de cesión, aluguer ou venta.

Que  ofrecemos?

A Reserva de Biosfera porá en contacto a ámbalas dúas partes de cara ao achegamento de necesidades mutuas, asesorando de cara aos posibles acordos a formalizar. Por outra parte, os futuros emprendedores contarán con apoio de aconsellamento respecto a formación, aptitude agraria do terreo ou producións consideradas como oportunidades de mercado.

Más información

ADR Mariñas Betanzos, c/San Marcos, s/n / 15318
Abegondo- A Coruña 981 669 541
info@marinasbetanzos.gal

SE POSÚES TERRAS ACTUALMENTE SEN USO OU PRECISAS SUPERFICIE PARA PRÁCTICAS AGRARIAS APÚNTATE.

A Bolsa de Terras da Reserva de Biosfera

POR QUE XORDE? No territorio da Reserva de Biosfera, ao igual que en gran parte de Galicia, vénse manifestando desde hai varios anos un proceso de abandono das actividades agrarias que, entre outras consecuencias, ten o seu reflexo no crecente número de terras agrarias ociosas ou abandonadas. Isto supón consecuencias negativas non só desde o punto de vista da produtividade agraria senón tamén en relación ao medio ambiente e a biodiversidade. O abandono de terras nas paisaxes de agricultura tradicional galegas supuxo a expansión das áreas de mato, coa conseguinte perda de hábitats seminaturais de elevado valor ecolóxico e cultural ligados á actividade humana.

En moitos casos esta expansión considérase globalmente negativa porque implica o desenvolvemento de gran cantidade de biomasa, supoñendo un importante incremento do risco de incendios e as súas consecuencias.

Noutros casos, esas terras abandonadas son ocupadas por plantacións forestais conformadas por especies de crecemento rápido. Así, a substitución e simplificación dos mosaicos naturais de usos do solo característicos do medio rural tradicional por monocultivos empobrece enormemente a biodiversidade asociada aos primeiros.


A Asociación Mariñas-Betanzos, ente xestor da RB “MCeTM”, leva dende o ano 2011 traballando no fomento da inserción laboral no sector agroalimentario a través dos Programas Integrados para o Emprego. promovidos pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Deste xeito, cerca de 350 persoas desempregadas teñen recibido ou están a recibir na actualidade formación teórico/ práctica centrada principalmente na produción agroecolóxica, na elaboración de transformados agroindustriais e no “emprego verde”.

A experiencia recollida grazas ao contacto diario co alumnado nos ten permitido coñecer as súas principais necesidades de cara a poder materializar as ideas pretendidas. Entre estas eivas reflíctense de maneira moi destacada as dificultades de acceso a terreos de produción así como o investimento necesario para o establecemento de estruturas para a produción e/ou transformación agroalimentaria.

Esta situación contraponse á crecente cantidade de terreos improdutivos na Reserva, co inmobilismo socioeconómico e os prexuízos medioambientais conseguintes. Porén, xorde a idea da creación daBolsa de terras da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Mapa orientacións produtivas

O fomento do emprego verde respectuoso co medio ambiente  e que poña en valor os recursos propios do territorio é un dous piares fundamentais do crecemento económico sustentable que se pretende fomentar dende a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, en especial no período de crise global (económica, ambiental, enerxética, laboral, etc.) da actualidade.

Con este proxecto preténdese avanzar no coñecemento da aptitude agraria para os cultivos máis relevantes dentro do territorio da Reserva de Biosfera.

O obxectivo principal é dotar ás persoas emprendedoras, produtores, entidades e toda aquela persoa ligada a sectores relacionados coa xestión dá terra e do territorio, dunha ferramenta para a identificación de oportunidades de emprego ligadas ás principais producións alimentarias do territorio e que máis facilidade teñan para integrarse no Sistema Alimentario Local que se intenta desenvolver dende a Reserva de Biosfera.

Os mapas obtidos tamén poden servir para coñecer cales son os cultivos máis interesantes a ser fomentados nas políticas de desenvolvemento local. Os cultivos máis relevantes detectados no Diagnóstico do Sistema Alimentario son: lúpulo, viño da Terra de Betanzos, horta, mazá e cereais.

Unha vez identificadas as variables máis relevantes para cada cultivo realizouse unha táboa de conversión das mesmas, de forma que o resultado final é un mapa para cada cultivo con Aptitude alta (A1), media (A2) e baixa (N) para a produción de cada un. Esta aptitude debe entenderse de xeito relativo. Por exemplo, para as zonas clasificadas como N, non se deben excluír do cultivo senón que o investimento inicial deberá ser maior e os rendementos obtidos polo cultivo menores.

Preme nos seguintes enlaces para descargar os mapas:


Viño da Tierra de BetanzosLúpuloHortaCereaisManzá

Programas de Emprego

A Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas – Betanzos leva dende o ano 2011 traballando no fomento da inserción laboral no eido agroalimentario a través dos Programas integrados para o Emprego impulsados dende a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

2015 – 2016 Programa BIO-EMPRENDE.2014 – 2015. Programa BIOSFERA – EMPREGA.2013 – 2014. Programa RURAL – EMPRENDE.2012 – 2013. Programa RURAL – EMPREGA.2011 – 2012. Programa AGRO-EMPREGA.

PROGRAMAS DE EMPREGO é un programa desenvolto pola Asociación Mariñas-Betanzos, e impulsado pola Xunta de Galicia, co obxectivo de mellorar a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego, facilitando os recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade, activando laboralmente e proporcionando competencias transversais que incrementen as súas posibilidades de inserción laboral.

Manuais e ligazóns

Manuais de interese:

Guía de apoio á creación de agroindustrias nas “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”Estudio de mercado de productos ecolóxicos e dinamización da produción na área de influencia da Reserva de Biosfera.Guía de oportunidades de emprego para a xuventude no medio rural

Enlaces:

IGAPEFundación Juana de VegaRede Eusumo
Servizo Público de Emprego de Galicia
Plataforma Empender é Posible