RESERVA DA BIOSFERA

Consello Dirección

As funcións do Consello de Dirección serán:

Promover, elaborar e aprobar a execución do Plan Acción da Reserva de Biosfera.
Analizar os condicionamentos económicos e sociais, tanto internos coma externos, da Reserva de Biosfera.
Identificar as oportunidades que se abren para a Reserva de Biosfera, e posibles liñas de actuación.
Velar polo cumpro dos obxectivos anuais do Plan de Acción.
Aprobar as actuacións a levar a cabo no marco do Plan de Acción da Reserva de Biosfera.
Aprobar os presupostos para a Reserva de Biosfera.
Vixiar que a xestión económica se faga de acordo aos presupostos aprobados.

Este Consello reunirá como mínimo unha vez cada ano, e estará formado por:

A Presidencia da Asociación Mariñas-Betanzos.
A Vicepresidencia da Asociación Mariñas-Betanzos
1 representante de cada un dos Concellos que conforman a Reserva de Biosfera, caso de non estar xa representados e través da Presidencia e/ou Vicepresidencia.
8 representantes das entidades sociais e económicas da Asociación “Mariñas-Betanzos”
4 representantes da Xunta de Galicia (Consellarías con competencias en materia de Conservación da Natureza, Ordenación do Territorio e Paisaxe, Agricultura e Desenvolvemento Rural, así como Pesca e Medio Mariño).
4 representantes da Deputación da Coruña.
1 representante do Consorcio Das mariñas.
1 representante do Ministerio con competencias en materia de Costas.
1 representante das Entidades de Custodia que están a desenvolver a súa actividade no territorio.
2 representantes do Comité Científico da Reserva de Biosfera.
1 representante do Comité MaB de España.
2 representantes do Comité de Participación.
O Xestor da Reserva de Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”.

MEMBROS:

Presidencia
Presidencia Asociación Mariñas-Betanzos(Concello de Abegondo)
Vicepresidencia
Vicepresidencia Asociación Mariñas-Betanzos(Concello de Paderne)
Xestor
Xerente da Medida Leader Mariñas-Betanzos
Concellos
Concello de Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Miño, Irixoa, Oleiros, Oza-Cesuras, Sada e Sobrado.
Asociacións de empresarios multisectoriais
Grupo Naturalista Hábitat
Asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais e ANPAS
Asociación Vedoreira
Asociación Roxín Roxal (elixir 1 representante)
Colectivos de acción social, discapacidades ONGD
ASPACE
ASPANAES (elixir 1 representante)
Asociacións e colectivos de mulleres
AMFAR Cambre
Pesca, Marisqueo e Acuicultura
GALP Golfo Ártabro Sur
Sector Turismo Hostalería
Asociación de Turismo Sostible de A Coruña
Sector Agrario, Gandeiro e Cooperativo
Asociación Sectorial de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e Comarca
Xunta de Galicia
Director Xeral de Patrimonio Natural. Consellería Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural (A Coruña). Conselleria Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
Director Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Consellería do Medio Rural.
Xefe Territorial Consellería do Mar (A Coruña). Consellería do Mar.
Deputación Provincial A Coruña
D.Xosé Regueira Varela
Dna. Cristina Capelán Cancelo
D.Bernardo Fernández Piñeiro
D.José Manuel Pequeño Castro.
Consorcio As Mariñas
Xerente do Consorcio As Mariñas
Ministerio (con competencia en materia de costas)
Director Demarcación de Costas de Galicia
Entidades Custodia do Territorio
Fundación Fragas do Mandeo
Comité científico da Reserva de Biosfera
D.Jerónimo Puertas Agudo. Universidade da Coruña
D.Juan Fernando Castro Insua. Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo.
D.Carlos Vales Vázquez. Ceida.
Comité Español Programa MaB
D.Pablo Ramil Rego. Universidade Santiago de Compostela
Comité de participación da Reserva de Biosfera
Autoridade Portuaria de A Coruña; GADISA; Fundación Santiago Rey; Fundación Juana de Vega; Grupo Proinsa; EDAR Bens; Panadería da Cunha; Asociación vedoreira(elixir 2 representantes)

Comité EXecutivo

Serán funcións do Comité Executivo:

Posta en marcha das actuacións recollidas no Plan de Acción e acordadas por o Consello de Dirección.
Control, seguemento e evaluación de estas actuacións.
Elaborar propostas de actuacións ó respecto dos obxectivos e estratexias da Reserva da Biosfera, para trasladar al Consello de Dirección.
Fomentar o voluntariado e dinamizar o tecido socioeconómico.
Aquelas que lle delegue o Consello de Dirección.

O Comité Executivo da Reserva da Biosfera reunirase tantas veces como sexa necesario, e estará formado por:

A Presidencia da Asociación Mariñas-Betanzos.
3 representantes dos Concellos.
4 representantes de Mesas Sectoriais da Asociación “Mariñas-Betanzos”.
1 representante da Deputación de A Coruña.
1 representantes da Xunta de Galicia con competencias en espazos naturais.
1 representante do Comité Científico
O Xestor do Órgano de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”.
Poderán asistir tamén os membros do Consello de Dirección ao Comité Científico invitados por o Comité Executivo o por o Consello de Dirección, con voz pero sin voto.

Membros Comité Ejecutivo:

Presidencia
Presidencia Asociación Mariñas-Betanzos(Concello de Abegondo)
Concellos
Curtis, Culleredo, Oleiros, Paderne (3 representantes. Voto ponderado)
Xestor
Xerente Medida LEADER Mariñas-Betanzos
Entidades sociais e económicas
4 representantes
Xunta de Galicia
1 representante
Deputación Provincial A Coruña
1 representante
Ministerio (con competencia en materia de costas)
Director Demarcación Costas de Galicia
Comité Científico
1 representante

Comité de Participación

O Comité de Participación é o órgano consultivo creado con o obxectivo de asegurar a “Xestión Participativa”. Formará parte del os diferentes axentes privados interesados en participar activamente na consecución dos obxectivos da Reserva da Biosfera. As incorporacións a este Comité de Participación precisarán da solicitude motivada dirixida ao Presidente do Órgano de Xestión da Reserva da Biosfera, que a trasladará ao Consello de Dirección para a súa incorporación.

As funcións do Consello de Participación son:

Promover e garantir a participación dos axentes locais implicados e interesados na xestión e no desenvolvemento sostible da Reserva da Biosfera, así como articular os procesos de toma de decisións de “abaixo – arriba”.
Constituír un foro de debate e facilitar a interacción da poboación coas administracións, no marco da conservación ambiental e o desenvolvemento sostible.
Participar na elaboración e posta en marcha dos Plans de acción da Reserva.
Fomentar o voluntariado e dinamizar o tecido socioeconómico.
Seguemento do logro dos obxectivos anuais.
Recoller as propostas dos seus membros có obxectivo de mellorar a xestión da Reserva da Biosfera.
Supervisar as actuacións levadas a cabo e o seu desenvolvemento.

Os seus membros se reunirán como mínimo cada ano estará formado por representantes de:

As entidades conservacionistas que desenvolvan actividades no territorio.
As entidades de Custodia que desenvolvan actividades no territorio.
Entidades de Educación Ambiental.
As ONG’s e entidades de voluntariado ambiental.
As organizacións agrarias e do sector forestal.
As entidades do sector da pesca e do marisqueo.
As organizacións sindicais.
As organizacións empresariais.
As empresas e axentes do sector turístico.
As entidades culturais e veciñais.
As asociacións de caza e pesca.
As asociacións de persoas con discapacidade.
As asociacións xuvenís, de mulleres e maiores.
O sector das enerxías renovables e da xestión de residuos.
As organizacións con programas de Responsabilidade Social.
Calquera outra entidade relacionado con os obxectivos da Reserva.

Entidades a participar no Comité de participación.

Autoridade Portuaria de A Coruña
Andrés Guerra Sierra
GADISA
Roberto Tojeiro Rodríguez
Fundación Santiago Rey
Jose Francisco Sánchez
Fundación Juana de Vega
Enrique Sáez Ponte
Grupo Proinsa
Dolores Fernández López
Edar Bens
Carlos Lamora Suárez
Panadería da Cunha
Manuel Da Cunha Pereira
Emalcsa
Jaime Castiñeira de la Torre

Considérase que dada a realidade territorial da nosa Reserva, as empresas deben xogar un papel clave, e poderían ter o seu lugar para participar e involucrarse a través de este Comité de Participación.

Comité Científico

O Comité Científico é un órgano consultivo que ten entre os seus obxectivos identificar e formular propostas, así como asistir á toma de decisións do Consello de Dirección da Reserva de Biosfera e ao Comité Executivo. Este órgano consultivo proverá de información e análise, para validar a toma de decisións en canto á xestión da Reserva da Biosfera e sobre o grao de cumprimento dos seus obxectivos.

Serán funcións do Comité Científico:

Identificar as actividades de investigación e experimentación de interese para a Reserva da Biosfera.
Formular propostas para o financiamento de actividades de investigación e experimentación.
Desenvolvemento de actividades de investigación e experimentación, así como o seu seguimento e avaliación.
Asesorar na elaboración e posta en marcha dos Plans de Acción da Reserva da Biosfera.
Propoñer e/ou executar estudos e investigacións no ámbito da Reserva da Biosfera, enmarcados nos principios de Conservación, Desenvolvemento Sostible e Educación Ambiental.

Composición do Comité Científico:

Poderán ser membros do Comité Científico aqueles especialistas que fosen propostos ben polo Consello de Dirección, ou ben por iniciativa das entidades da Comunidade Autónoma de Galicia que desenvolvan actividades de I+D+i coherentes cos obxectivos das Reservas da Biosfera.
Os membros do Comité Científico serán persoas de recoñecida solvencia adscritos a Universidades, Centros de Investigación e Centros de Transferencia Tecnolóxica, ou calquera outra entidade de carácter científico relacionada cos obxectivos da Reserva da Biosfera e acordes coas funcións establecidas para o propio Comité.
A inclusión dos membros do Comité Científico deberá ser aprobada polo Consello de Dirección, e contarán coa autorización das entidades ás que pertencen.
A participación no Comité Científico non derivará en emolumentos.

Os membros do Comité Científico

Os membros se agruparan en 3 grandes áreas e cada unha terá un coordinador , nomeado polo Consello de Dirección:

1.Área de Conservación, composta por especialistas en Biodiversidade, Custodia do territorio , Auga, Bosques , Medio Mariño e Litoral, Paisaxe e Xeoloxía, entre outros que se consideren de interese.

2.Área de Desenvolvemento Sostible, composta por especialistas en Ordeación do Territorio e Infraestruturas, Agricultura, Gandería e Xestión forestal, Pesca e Marisqueo, Turismo, Economía e Desenvolvemento Local, Enerxías Renovables , Sostibilidade e Residuos, entre outros que se considere de interese.

3.Área de Apoio Loxístico, composta por especialistas en Investigación e Observación, Formación e Capacitación, Educación Ambiental e Comunicación, entre outros que se considere de interese.

D.Jerónimo Puertas Agudo. Universidade da Coruña. Área de hidráulica de canais e ríos.
D.Juan Castro Ínsua. Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo.
D.Carlos Vales Vázquez. Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
D.Pablo Ramil Rego. Universidade de Santiago de Compostela. Área Biodiversidade.
D.Venancio Salcines Cristal. Escola de Finanzas de A Coruña.
D.Enrique Saéz Ponte. Fundación Juana de Vega.
D.Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Universidade de Santiago de Compostela. Área de Edafoloxía.
D.Andrés Precedo Ledo. Universidade de Santiago de Compostela. Área de Xeografía.
D.Francisco Javier Sanz Larruga. Universidade de A Coruña. Área de Dereito Ambiental.
Dña.Antía Pérez Caramés. Universidade de A Coruña. Facultade de Socioloxía.
Dña.Ángeles Romero Rodríguez. Universidade de Santiago. Área Tecnoloxía dos Alimentos
D.Darío Prada Rodríguez. Universidade da Coruña. Instituto Universitario de Medio Ambiente.
D.Alfredo Erias Martínez.  Museo das Mariñas.
Dña.Isabel Aguirre de Urcola.  Escola Galega de Paisaxe.
D.Pedro Calaza Martínez.  Colexio de Agronómos da Coruña.
Dña.Elvira Sahuquillo Balbunea. Universidade de A Coruña. Área de Botánica.
Dña.Marta Rey García. Universidade de A Coruña. Cátedra Inditex Responsabilidade Social.
Dña.Adina Dumitru.Directora do seu Campus de Especialización na Sustentabilidade.
D.Xosé Antón Fraga Vázquez, Director do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.

Comisións Técnicas

Como órganos consultivos poderán crearse Comisións Técnicas formadas por técnicos e expertos, e terán entre as súas funciones e apoio e asesoramento técnico ao Xestor da Reserva da Biosfera.Ao igual que o Consello Científico, as Comisiones Técnicas se estruturarán en subáreas funcionais e se constituirán por razóns de operatividade, a demanda do Comité Executivo.

Comisións Técnicas:

EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
MEDIO AMBIENTE E TURISMO
PLAN ALIMENTARIO E MARCA
XÉNERO E IGUALDADE