Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo abrangue un total de 116.724 ha repartidas en 17 concellos da provincia da Coruña. A súa creación ten como principal obxectivo o desenvolmento do territorio, das súas empresas e dos seus produtos, mediante marcas de calidade, recuperación de actividades tradicionais, oportunidades de emprego e formación, iniciativas turísticas, conservación dos recursos medioambientais e outros proxectos.

113970
Hectáreas de superficie terrestre que abrangue a reserva
2755
Hectáreas mariñas que abrangue a reserva
14.33
%
Porcentaxe de volume da provincia da Coruña
17
Total de concellos representados na Reserva da Biosfera

EMPRENDEMENTO

Dende a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo prestamos asesoramento a persoas emprendedoras. Se tes unha idea e precisas axuda para poñer en marcha o teu proxecto, contacta con nós. Tamén contamos con viveiros para proxectos ligados a actividades agrícolas e agroindustriais. Falamos?

Descobre máis

MEDIO AMBIENTE

Traballamos para concienciar á poboación sobre a importancia de respectar o medio ambiente e a problemática que supoñen as especies invasoras para o territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Temos diferentes liñas de traballo, por exemplo, a través do programa Life recuperamos fontes naturais e co Life Fluvial intentamos conservar e mellorar os corredores fluviais.

Descobre máis

INNOVACIÓN

Investigar e innovar é fundamental para avanzar en calquera ámbito, tamén no rural. Constitúen ferramentas básicas para afrontar os retos económicos, ambientais e sociais dos territorios que conforman a nosa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Descobre máis

SOSTIBILIDADE

Na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo traballamos fomentando a sostibilidade, estreitando a relación entre o mundo urbano e o mundo rural. Promovemos o consumo de produtos de proximidade, de calidade e de temporada, así como a sostibilidade na súa produción. Promocionamos o territorio rural, a súa poboación, a súa tradición e a súa paisaxe. O Plan Alimentario da Reserva de Biosfera constitúe o noso motor de cambio para o territorio e a folla de ruta cara o futuro.

Descobre máis

EDUCACIÓN E DIVULGACIÓN

Dende a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo consideramos fundamental divulgar os seus obxectivos, valores e oportunidades, dándoa a coñecer e asegurando a construción dunha Reserva de Biosfera participativa na que a sociedade sexa o pilar básico sobre o que asentarse. Por exemplo, o programa “Educando na Biosfera” desenvolve actividades coa comunidade escolar moi relacionadas cos obxectivos e actuacións da Reserva.

Descobre máis

ECOTURISMO

En xaneiro do ano 2020, a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo constitúese como o primeiro Destino de Galicia certificado de Ecoturismo, a través do Club de Ecoturismo Estatal. Queres descubrir o noso territorio? Sinte cos cinco sentidos!

Descobre máis

QUE FACEMOS

NOVIDADES

Taller de Identificación de problemáticas en el Territorio de la IXP Betanzos

Taller de Identificación de problemáticas en el Territorio de la IXP Betanzos

Arranca el proyecto ECOSPHEREWINES para mejorar el capital natural del viñedo para su conservación y  gestión sostenible

Arranca el proyecto ECOSPHEREWINES para mejorar el capital natural del viñedo para su conservación y gestión sostenible

LISTADO DE CONTRATACIONES MENORES EN LOS PROYECTOS DE COOPERACIÓN

LISTADO DE CONTRATACIONES MENORES EN LOS PROYECTOS DE COOPERACIÓN

Ver noticias
logo mariñas betanzos
COÑECE A NOSA ACTUALIDADE

Subscríbete ao noso boletín e recibirás no teu correo electrónico novas, acontecementos, convocatorias, axudas e outros asuntos de actualidade relacionados co noso ámbito de actuación. Subscríbete!

Quero subscribirme xa!