Ana comezou coa súa actividade pola conciencia ambiental e porque é un traballo co que podes conciliar sinxelamente a vida coa familia.
Forma parte do mercado de produtos locais Labrega Natura, que reúne produtoras con criterios agroecolóxicos todas a semanas na cidade de A Coruña.
Son máis de 20 familias labregas e pequenos produtores artesanais de concellos próximos á Coruña.
A Horta de Ana ten 0,3 hectáreas en total, con 800 m2 de invernadoiros.
Vende o produto a tendas de Carral e de A Coruña, e tamén unha pequena porcentaxe no Mercado de San Agustín, na Coruña.