Empresa familiar de produción e envasado hortícola en funcionamento dende o ano 1998. No ano 2003 formaron parte da cooperativa extinta Horta do Atlántico.
Traballan cun elevado número de referencias hortícolas (destacando porro, faba, cebola, cabaciña, acelga, perexil, pataca, chícharo, repolo, feixón verde, grelo e berza).
A meirande parte da produción é comercializada envasada ou en mañuzos, aínda que tamén vende a granel.
A distribución é cara cadeas de distribución (95% GADISA) e no mercado central da Coruña (5%).
Na empresa traballan un total de 8 persoas (5 homes e 3 mulleres).
Colaboran a miúdo coa Escola de Formación Agraria Fonteboa (Coristanco), impartindo charlas e acollendo a alumnado en prácticas, sendo habitual a contratación posterior dalgún deles.
Ademais da produción hortícola, dispoñen de produción de viño (arredor de 600 cepas de branco lexítimo), tendo previsto a inclusión en breve na Indicación Xeográfica Protexida Viño da Terra de Betanzos. Tamén contan con 10 cabezas de vacún de carne, cun proxecto para a produción de carne de boi.
Dispoñen duns 5.000 m2 de produción baixo cuberta e de preto de 5,5 ha de produción ao aire libre. A superficie de traballo espállase en 23 parcelas repartidas entre os concello de Coirós e Paderne.