Os da paroquia de Sarandós, no concello de Abegondo, poden presumir de ter dende hai más de 40 anos das plantacións de amorodos máis grandes de Galicia.
Entre elas naceron Manuel e Miguel Vázquez, dous irmáns que dende xa de nenos xogaban entre tractores e os amorodos que plantaban os seus pais.
Coñecedores do negocio, a principios do ano 2000 decidiron poñerse ao fronte da explotación, cultivando amorodos nas súas fincas e creando unha nova sociedade civil.
“Ademais estamos empezando a producir kiwi amarelo, que ten unhas calidades nutritivas e de sabor tamén excelentes”
Os amorodos que plantamos son da variedade “diamante selva“, moi parecida ao amorodo de Huelva, así como outras variedades remontantes”.
En Sarandós teñen a cámara para refrixeralas, así como o camión frigorífico co que fan o reparto, principalmente ao Mercado Central de Froitas da Coruña, aínda que tamén venden a pequenas tendas de Abegondo, Carral, Betanzos… “Tamén vendemos na propia explotación, co que así aforramos os custos de transporte”
Non teñen previsto ampliar o negocio a curto prazo, pois como di Manuel “temos que ir aguantando, que é o importante nestes tempos.”