hemi é un labrego galego de Madrid que decidiu enfundar as botas de goma e deixar atrás o asfalto da capital para abrirse un camiño a través das leiras galegas. Cambiou a cidade por vivir e traballar no campo e di que non o cambiaría por nada do mundo. El é a persoa que está detrás da “Horta de Antía”.
A “Horta de Antía” é unha horta de produción ecolóxica situada no concello de Oza-Cesuras, na parroquia de Mandaio e inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Traballan varias parcelas con hortalizas onde priman as variedades autóctonas como o Repolo e a Cebola de Betanzos.
O único traballador da horta é o propio Chemi, aínda que ten unha axudante de luxo, unha burra chamada Mora. Comezaron os dous xuntos coa horta, Mora axúdalle a arar e a sachar para eliminar as malas herbas.
Dispón de 7 ha de cultivo ao aire libre distribuídas en dúas parcelas e 1 ha de invernadoiros situadas todas no concello de Oza-Cesuras.
A comercialización da produción está dirixida principalmente a restaurantes e comedores dos colexios.
As producións comercializadas son:
Acelga, Allo, Abelá, Berenxena, Verzas, Batatas, Brócoli, Cabaciña, Cabaza, Cebola, Cereixas, Chirivía, Ameixas, Col Lombarda, Coles de Bruselas, Coliflor, Espinacas, Fresas, Grelos, Chícharo, Fabas, Figos, Xudías, Leituga, Limóns, Mazás, Laranxa, Patacas, Cogombro, Peras, Perexil, Pemento, Allo Porro, Remolacha, Repolo, Roma-nescu, Rúcula, Tirabeque, Tomate, Cenoria.