Labrecos son dous irmáns que se dedican a produción de horta ecolóxica situada no concello de Oza-Cesuras, na parroquia de Dordaño e inscrita no Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia. Traballan varias parcelas con hortalizas, legumes, cereais e forraxes.
A estes dous irmáns sempre lles gustou a agricultura, na súa casa sempre tiveron animais e horta para autoconsumo. Comezaron a súa andaina agrícola plantando para unha gran superficie comercial, pero non lles gustaba andar coa sulfatadora e cos fitosanitarios e a raíz dun curso que fixeron de agricultura ecolóxica decidiron probar con esta modalidade de produción con grandes expectativas de futuro.
Teñen 7 hectáreas de cultivo ao aire libre distribuídas en más de 30 parcelas e 1 hectárea de superficie repartida en dous invernadoiros. Todas as parcelas e os invernadoiros están situados no concello de Oza-Cesuras. A comercialización da produción está dirixida principalmente a comedores dos colexios, a tendas e restaurantes. Tamén venden a algún particular, pero ocasionalmente.
As producións comercializadas son: Acelgas, allo, avea, berenxena, verzas, brócoli, cabaciña, cabaza, castañas, cebola, cereixas, ameixas, col, col lombarda, coles de Bruselas, coliflor, espinacas, amorodos, grelos, chícharos, fabas, figos, xudías, kiwi, loureiro, leituga, limóns, millo, mandarina, mazás, melón, nabizas, laranxas, noces, ortiga, patacas, cogombro, peras, perexil, pemento, allo porro, rabanitos, remolacha, repolo, sandía, tirabeque, tomate, trigo, uvas, veza, cenoria.