Orballo xurde no ano 2012, como un proxecto de innovación social no ámbito rural galego, co obxectivo de producir plantas aromáticas en ecolóxico para a venda en formato deshidratado e de forma paralela, contribuír a reforestación dos montes a través de plantas autóctonas como castaños, nogueiras e abeleiras.
Esta empresa, situada no concello de Paderne, estendeu a súa produción nos últimos anos cara ecoarroces á carta e infusións, das que sae o seu produto máis destacado, o único té certificado en ecolóxico de toda Europa.
Actualmente dispoñen de 11 traballadores e dunhas 2,5 ha de cultivo ao aire libre nas que resalta o cultivo de plantas aromáticas como o tomiño, romeiro, loureiro, manzanilla doce e por suposto o té.
A súa produción esta dirixida a pequenas tendas especializadas, a grandes cadeas de distribución entre as que destacan “El Corte Inglés” ou “Eroski” e incluso empeza a exportar a outros países como México e Alemaña.
Teñen pensado seguir medrando, sempre apostando polo produto local e de proximidade, xerando valor para o rural e ecolóxico cunha imaxe e deseño modernos.
No 2012, como resultado do interese por preservar a natureza, o rural e unha alimentación saudable, nace Orballo. Esta empresa de produción e envasado de plantas aromáticas, infusións e ecoarroces a carta, situada no concello de Paderne.