A Horta de Sueiriña é unha explotación de horta ecolóxica situada en Teixeiro no concello de Curtis, que nace no ano 2017 da man de Tamara Sueiro. Esta rapaza, con só 27 anos e estando a traballar para unha grande cadea de distribución tomou a decisión de adicarse o mundo da agricultura, do cal era totalmente allea.
Actualmente conta con 3 ha de cultivo ao aire libre repartidas entre o concello de Curtis e o de Sada. Ademais de 900 m2 de invernadoiro.
As producións comercializadas son:
Allo, brócoli, ceboliño, coliflor, grelos, leitugas, tomates, amorodos...
A comercialización de estas realízana a través de centros escolares e comedores colectivos
Forma parte da asociación “ALEGA” (Asociación de Labreg@s Ecoloxic@s de Galicia)